Pavimentación Camiño Troncosa Candóns.

Primeiro realizaranse as actuacións de limpeza e desbroce dos paseos e cunetas previas árehabilitación do pavimento do trazado

O Concello de Marín comezou no día de hoxe os traballos de mellora do firme do
camiño rural que une Troncosa e Candóns, na parroquia de San Tomé de Piñeiro, coa
realización dos labores de limpeza necesarios deste trazado previas ás actuacións de
rehabilitación do pavimento deste camiño.

Estos labores de limpeza consistirán no desbroce de paseos e cunetas, contribuíndo así a
que a escorrentía das augas pluviais sexa máis eficaz, evitando a contaminación do chan
e a filtración das augas ata capas máis profundas.

Estes traballos foron adxudicados á empresa Construcciones obras y viales SA
(COVSA) por un importe total de 32.649, 39 co IVE incluído.

Esta actuación está dentro do acordo asinado polo Concello, de participación no Plan de
mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado
polo Fondo FEADER, ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de
Galicia 2014-2020, dependente da Consellería de Medio Rural.

Esta actuación entra dentro da estratexia continuada desenvolvida polo Goberno local
de intervención nas vías públicas, para mellorar os servizos á cidadanía e ofrecer unhas
infraestruturas de calidade e seguridade.

Os camiños rurais, como parte integrante da rede de comunicacións dun Concello, teñen
unha gran importancia dado que, en moitos casos, resultan o único medio de
accesibilidade. No caso do camiño de Troncosa – Candóns, son varias as necesarias
melloras a levar a cabo, como é o tratamento da súa superficie pavimentada, reparando
as fendas que se poden observar e que son consecuencia da utilización da estrada ao
longo do paso do tempo.

Esta rehabilitación do firme realizarase ca extensión dunha nova capa de rodadura de
cinco centímetros de espesor, que tamén mellorará a adherencia do pneumático ao
pavimento.

O prazo de execución desta actuación será dun mes.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí