A alcaldesa, María Ramallo, recibiu esta tarde á plantilla domequipo e á directiva que logrou nesta tempada conseguir o ascenso a Preferente. Por ese logro, serán os encargados de dar o pistoletazo de saída ás Festas do Carme
De novo, en Preferente. Ese logro, tan buscado polo Marín Club de Fútbol, será o gran motivo que os leve a ser os pregoeiros das Festas do Carme 2026. Así o anunciou a alcaldesa, María Ramallo, na recepción que se realizou ao equipo esta tarde no Salón de Plenos do Concello.
O conxunto marinense logrou no final da tempada acadar un ascenso polo que loitaron ata o final, chegando a uns penaltis de infarto que mantiveron a todo o graderío marinense en vilo. A partir do pitido final, todo foi festa no Estadio de San Pedro, tal e como será a partir de agora coas merecidas homenaxeas a un equipo que devolve a ilusión á afición local. Por iso, desde o Concello propuxéronlles ser os encargados de dar o pistoletazo de saída ás Festas do Carme, coa lectura do pregón o venres, 10 de xullo, ás 21.30 horas na Alameda.
Na recepción desta tarde, interviron o presidente do club, Miguel Beis, e a rexedora, coincidindo ambos no ilusionante dun momento que se levaba esperando desde hacía anos no club. Ademais de facer entrega dun obsequio institucional, tamén foi distinguido Álex Rey como xogador máis regular da Liga. O club tamén entregou á alcaldesa o novo carné de socia, como inicio da tempada de captación de novos siareiros, e a camiseta do club.

