O grupo municipal do PP de Moaña censura o «aunténtico despropósito» que supón rexeitar os terreos das raiñas que a SAREB ofreceu de balde coa falsa excusa das competencias, as mesmas que o Concello parece que sí ten para construir dez vivendas enriba da sala de concertos, nunha tomadura de pelo que so se pode explicar co sectarismo do BNG e o seu empeño de non escoitar a ninguén.
Moaña, opinan, vai perder unha oportunidade única e histórica para que se poidan construir preto de 300 vivendas protexidas e poder retomar o proxecto dun auditorio en condicións. Pero non, Leticia Santos e o BNG van a hipotecar a Moaña durante décadas en millóns de euros, nese capricho da sala de concertos ridícula a que lle van poñer dez vivendas enriba. Os populares de Moaña consideran unha «burla» o feito de que Leticia Santos diga que a Xunta non quere construir vivendas en Moaña cando xa ten o compromiso de que sí o fará si o Concello cede os terreos necesarios, polo que resulta inexplicable que non acepte os terreos da SAREB.
«Estamos ante Leticia Santos e o BNG de Moaña no seu estado puro, ese de non escoitar a ninguén e culpabilizar a os demáis para non asumir o que é mellor para Moaña e non para o seu partido, pensando únicamente en términos electoráis non vaia a ser que os sillóns corran perigo», censuran.
A planificación do pobo, engaden, e sobre todo do seu futuro urbanístico a longo prazo, que «será o que lle deixemos aos nosos fillos», non pode ser produto dos «intereses electoráis de Leticia Santos, que xa está máis pendente de maio de 2027 que en traballar polo que Moaña precisa e merece».

