Os populares alertan de que o Concello podería estar perdendo máis do 40% do caudal potábel por filtracións subterráneas ocultas
O Partido Popular de Cangas denuncia a «absoluta despreocupación e falta de previsión» do goberno local
(BNG, PSOE e EU) ante as novas restricións de uso de auga no municipio. Tras a recomendación formal da concesionaria, a UTE Gestión Cangas, de activar medidas pola prealerta de seca, o PP critica que non se adopten outras
medidas aforro estruturais “para todo o ano” como son a auditoría da auga e actuación de reparación das fugas da rede municipal.
Xa no pasado mes de marzo a formación liderada por Dolores Hermelo denunciou que o Concello segue ser realizar esta auditoría obrigatoria, incumprindo de forma flagrante a Lei 9/2019 e desatendendo os requirimentos oficiais enviados pola Xunta de Galicia en marzo de 2022 para que se puxeran ao día.
Nun contexto de enorme preocupación polas secas e no que as noticias advirten de que se chega a perder ata un 42% da auga potables por fugas, avarías ou fraudes nas redes municipais, Cangas atópase «completamente a cegas». Desde as filas populares advirten: «Non hai nin rastro desta auditoría na web do Concello, nin na Plataforma de Contratación do Estado. Non a
fixeron nin a licitaron. Estannos a ocultar a realidade do noso abastecemento mentres a auga, un recurso vital, pérdese por unhas tubaxes das que descoñecemos o seu estado real».
O grupo maioritario da Corporación lembra que esta auditoría podía ter sido financiada a custo cero grazas ás subvencións de Augas de Galicia para municipios de menos de 50.000 habitantes. “Con todo, o tripartito nin sequera tramitou a solicitude e deixou perder os cartos públicos autonómicos por pura preguiza administrativa” explican, “algo que xa non sorprende a ninguén, máis
cando a alcaldesa dixo sen rubor no último Pleno que non solicitaban axudas porque da moito traballo e por poucos cartos”.
Desde as filas populares sinalan que o concelleiro de Medio Ambiente, Antón Iglesias (BNG), que fai bandeira de accións menores polo seu impacto como a decisión de retirar as duchas das praias, “é incapaz de impulsar un estudo fundamental que suporía un aforro real de auga os 365 días do ano” critican. “A auga é un ben básico que require dunha xestión rigorosa e investimento”.
O PP considera «unha tomadura de pelo» as declaracións do concelleiro nacionalista, quen afirmou que «si se perde unha alcaldía porque se corta o auga das duchas, pois ben perdida está,» mentres “consente que case a metade da auga de Cangas se verta directamente ao subsolo por ter unhas tubaxes vellas e crebadas que se negan a fiscalizar». “Presumir de retirar as duchas das praias non é máis que unha cortina de fume para tapar a súa incompetencia e ocultar a auga que se perde baixo terra, fóra da vista da veciñanza” afirman.
«Vale xa de facer política de postureo co bando municipal e coas duchas das praias. Esiximos ao tripartito que cumpra a lei, que execute a auditoría da auga e que invista o orzamento histórico do que tanto presumen en amañar de verdade a rede municipal», conclúen.

