Ao longo desta semana, o Concello de Marín deu a coñecer, ás actuais entidades deportivas de Marín usuarias das instalacións municipais, o procedemento de solicitude e normas básicas de uso das mesmas en reunións mantidas entre os responsables dos diferentes clubs e os Concelleiros de Deportes, Antonio Traba e Antonio Caiña.

O documento, que afecta as instalacións Estadio Municipal de San Pedro, Pavillón da Raña, Pavillón de O Sequelo e Pavillón da Cañota, indica que unha entidade deportiva poderá solicitar unha instalación para adestramentos a condición de que exista data oficial de inicio de competición para o equipo polo que se solicita horario de adestramento.

Así mesmo, os clubs solicitantes, no documento de solicitude, informan que coñecen e
aceptan os protocolos COVID da Xunta e da súa respectiva federación para desenvolver
os seus adestramentos. Ademais, o club debe nomear un responsable COVID que fará as
veces de interlocutor co Concello de Marín (a fin de informar as diferentes incidencias
que poidan xurdir) e terá que comunicar a listaxe de persoas (un máximo de 25 deportistas
e técnicos) que accede a cada adestramento.

Entre as normas básicas que se adoptan estarán que os vestiarios e aseos permanecerán
pechados, obrigatoriedade de uso de máscara, salvo durante a actividade deportiva, uso
de xel hidroalcohólico e desinfección do material propio utilizado que vai quedar na
instalación, estando incluídas no documento, que permitirá ás entidades deportivas
marinenses poñerse en marcha novamente.

O Concello de Marín tamén comentou nas diferentes reunións cos clubs, que o documento
é cambiante e adaptándose á realidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *