Una vecina de Broullón con muletas cruzando la carretera para llegar a su casa.

Os veciños de Broullón, en Moaña, volveron concentrarse na tarde de onte para reclamar á Xunta que dote de beirarrúas e pasos de peóns á PO-313 no tramo comprendido desde Sabaceda ata o miradoiro da Fraga. Cada día xóganlla para tirar o lixo ou coller o autobús. «Temos as paradas do autobús para os mozos do instituto nesta marxe da estrada e para os máis pequenos enfronte, polo que ven obrigados a atravesar a estrada sen ter por onde a pesar de que os coches circulan a gran velocidade. Aquí tamén viven moitas persoas maiores que se atopan co mesmo problema, baixan do autobús que lles leva a Moaña e non teñen por onde cruzar con seguridade para chegar ás súas casas porque non se ve», explicaban os veciños durante a protesta que describen estas accións diarias comúns como «unha aventura».

Os veciños onte concentrados no lavadoiro Fonte do Franco, situado ao marxe da estrada.

Non é a primeira vez que os veciños de Broullón realizan esta petición á consellería de Infraestruturas. Fixérono a través dunha moción no pleno ordinario do Concello en 2021, aprobada por unanimidade, e tamén arroupados polo PSdeG este verán, quen se comprometeu a levar a demanda ao Parlamento estes meses.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *