Inicio das obras en Arealonga.

O mantemento das vías rurais é unha das prioridades de inversión nas parroquias que ten o Concello de Marín, debido á importancia que teñen estas infraestruturas de tráfico para vertebrar o territorio e dar servizos de mobilidade á veciñanza dos núcleos.

Dentro das prioridades do Concello, está a mellora integral da estrada que dá acceso a Arealonga, na parroquia de San Xulián, onde a empresa Tuatean, adxudicataria das obras, acaba de empezar cos traballos. Levarase a cabo a rehabilitación e ampliación do firme e a mellora do drenaxe da plataforma da vía, que ata agora está afectada por infiltracións tanto do talud como de escorrentías das parcelas colindantes, o que foi deteriorando cada vez máis a estrutura. Renovaranse todas as capas de rodadura e trataranse de aproveitar ao máximo os sobrenachos.

Ademais, renovarase tamén a sinalización horizontal mediante o pintado de marcas de seguridade e a sinalización vertical.
Búscase tamén que esta vía, agora infrautilizada pola seu mal estado, sexa unha alternativa segura e funcional para o acceso ao núcleo de Arealonga desde a Variante VG 4.4 e desde a estrada EP-0019 Figueirido-Marín.

Esta actuación supón unha inversión de 46.246 euros, con cargo ao Plan Camiña Rural da Xunta de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *