Os comerciantes que participaron no Mercadillo de Vilaboa en 2021

Os interesados deben formalizar a súa petición antes do 2 de decembro

Vilaboa aposta de novo polo seu sector artesanal coa organización dunha segunda edición do seu Mercadillo de Nadal que nesta ocasión estará instalado en Riomaior, e no que os veciños e veciñas poderán adquirir agasallos orixinais e creativos para estas festas. O Concello instalará seis casetas para a exposición e comercialización de artigos e manterá ata o día 2 de decembro aberto o prazo para que se inscriban quenes desexen participar da iniciativa. As persoas interesadas en utilizar o Mercadillo como escaparate do seu produto e do seu traballo ten que remitir a súa petición ao Concello a través do mail dinamizacion@vilaboa.org

O Mercadillo, que contará con iluminación e fío musical para ambientar a praza, permanecerá aberto do 22 de decembro ao 8 de xaneiro en horario de 18 a 21 horas, e o Concello dará prioridade aos artesáns de Vilaboa na súa participación fronte a interesados doutras localidades.

Carmen Gallego, concelleira de Promoción Económica, aposta con esta iniciativa pola visualización do traballo artesanal, como xa fixo noutros eventos e citas lúdicas celebradas ao longo deste ano en Vilaboa.

“O Mercadillo do ano pasado gustou moito. Con esta iniciativa queremos respaldar ás persoas creativas que viven do seu talento pero tamén queremos que a nosa veciñanza teña un motivo para achegarse ata Riomaior, ubicación escollida para garantir unha maior visibilidade desde a N-554, e compartir un momento de ocio. É un xeito de facer vila”, apunta Carmen Gallego.

Por outra parte o Concello mantén aberto o prazo para participar no Concurso de Postais de Nadal, unha iniciativa pensada para os escolares do municipio e tamén o prazo de inscripción no Concurso de Decoración de Nadal nas vivendas. O 10 de decembro é o prazo límite para remitir ao concello (info@vilaboa.org) unha fotografía, xunto coa dirección da vivenda, da ornamentación elexida.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *