O portavoz do Partido Popular, Alberto Acuña, pide ao Goberno municipal é ao Bng que estudien as propostas que o PP presentou e que se debatirán no pleno de mañá venres. Son, explican os populares, «unha batería de propostas fiscais para loitar contra a inflación, que van moi na linea de outras administracions». «Pídolle ao PSOE e ao BNG que estudien as propostas que as fagan súas», demanda Acuña.
A proposta que presenta o portavoz dos populares enmarcase no contexto xeral, de todas as administracións públicas están a adaptar a fiscalidade a situación, cunha baixada da presión fiscal, esta petición de redución enmárcase nun plan para facer fronte á inflación, a suba dos combustibles, a luz e a cesta da compra, entre outros, que merman a economía é a capacidade dun gran número de veciños. É por iso que este grupo municipal do PP, indican, propón a «rebaixa dos impostos e taxas municipais polo menos nunha porcentaxe para que o inflaccion no supoña un desequilibrio nos fogares». «O noso concello ten marxe de manobra para aceptar esta proposta, sendo un xesto importante que contribuirá a reducir os gastos das familias do noso concello , con especial atención a aquelas persoas que peor o están a pasar»
«Na proposta hay unha rebaixa do tipo impositivo do IBI urbano das vivendas do 0,55 ao 0,40, propuxeron compensar o incremento dos ingresos nos últimos anos na recadación cunha baixada lixeiramente menor do tipo, tamén se propón unhas bonificacións ás empresas de nova instalación para fomentar o emprego, por novas familias para favorecer o crecemento da poboación, tamén para familias numerosas, familias en risco de exclusión e vítimas de violencia machista , no IBI recordar que cada ano recaudase mais 2019 673.815,56 € no 2020 680.698.02 € é no 2021 707.879.60 €», desglosan os populares.