O Concello mantén aberto para inscribirse no II Concuso de Iluminación
O Concello de Vilaboa convoca un Concurso de Postais de Nadal para escolares, con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos e no que haberá catro categorías, atendendo á idade dos participantes. Os rapaces e rapazas poderán entregar os seus traballos vía email a través do correo info@vilaboa.org ata o 21 de decembro ou de xeito presencial na Casa de Cultura de Riomaior. O fallo darase a coñecer o día 22 a través da web e as redes sociais.
O xurado, integrado por membros do Concello de Vilaboa, valorarán a creatividade, orixinalidade e boa interpretación do tema do concurso, así como as habilidades gráficas demostradas acorde á idade do participante.
Cabe recordar que continúa aberto o prazo para participar no segundo concurso de decoración de Nadal nas vivendas de Vilaboa. Basta con ambientar unha ventá, o balcón, toda a fachada ou o recuncho que cada quen escolla. Logo hai que fotografar o resultado e enviar a imaxe, xunto coa dirección da vivenda e un número de teléfono de contacto, a info@vilaboa.org antes do 10 de decembro. O xurado as visitará entre o 10 e o 17 de decembro e os gañadores recibirán os seus premios antes do 23 de decembro: tres cestas cheas de produtos típicos destas datas para os dous primeiros e 150 euros para o terceiro xa que nesta segunda edición o Concello introduce como novidade que o terceiro premio sexa ao traballo colectivo, incentivando a colaboración entre a veciñanza cun agasallo en metálico para o barrio ou lugar mellor decorado.