Presentación das actividades do Nadal en Seixo.

As actividades, que son todas de balde, foron presentadas polos concelleiros Pablo Novas e Cristina Acuña, xunto aos representantes da asociación de comerciantes

O Nadal de Marín tamén se vive en Seixo. Os concelleiros Pablo Novas e Cristina Acuña presentaron xunto a ACEMAS a programación de Nadal que haberá para este ano, organizada pola asociación de comerciantes.

O 24 de decembro, día de Noiteboa, Papá Noel percorrerá as rúas da parroquia repartindo caramelos, entre as 17.30 e as 18.30 horas. Ademais, despois parará na Praza de Abastos, onde recollerá as peticións dos máis pequenos e onde haberá actividades de maquillaxe, globoflexia e pintado de unllas de Nadal.

O 27 de decembro, a partir das 12.00 horas, actuará o mago, ilusionista e humorista Javier Muro na Casa de Cultura de Seixo. E o 29 será a quenda para o teatro-expresión, con contacontos e clown, a partir das 12.00 tamén na Casa de Cultura.

Finalmente, o 4 de xaneiro haberá Cine de Nadal no Cine Seixo a partir das 17.30 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *