Terrazas da alameda de Marín.

A concelleira Marián Sanmartín explica que, como novidade, xa non será preciso solicitar a instalación cada ano presentando toda a documentación de cero, senón que será abondo con encher un formulario de renovación que se presentará por sede electrónica

A renovación para a instalación de terrazas e veladores será un trámite moito máis sinxelo a partir deste ano. A concelleira de Medio Ambiente e Benestar Social, Marián Sanmartín, informou de que a partir do novo ano a hostalaría que queira renovar a súa licenza para instalar este mobiliario só terá que encher un formulario que atoparán na sede electrónica.

Ata o momento, de cada renovación era preciso solicitar de cero a licenza, tendo que presentar ano tras ano toda a documentación requerida para que esta sexa outorgada por parte do persoal técnico do Concello. “A partir de agora”, explica Sanmartín, “simplificamos ese procedemento para que tanto a nivel dos propios hostaleiros como do Concello sexa máis sinxelo tramitar esta instalación”. Na solicitude, os demandantes deberán indicar os seus datos e os do local e o prazo de ocupación da vía pública: anual, por tempada (do 1 de xuño ao 30 de setembro) ou por meses completos, indicando neste caso cal sería o mes inicial e cal o de remate. Tamén deberán escoller a modalidade de pago, tendo como opcións un pago único ou o fraccionamento en tres cotas de igual cantidade (unha posibilidade que só terán aqueles que fagan unha ocupación anual da vía pública).

Como novidade, a solicitude tamén inclúe a posibilidade de solicitar que esta autorización se extenda dun ano a catro anos, “cando antes só era posible facelo por unha anualidade”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *