Os bombeiros durante a intervención na barriada de San Pedro.

O temporal azoutou forte onte pola mañá en Marín lanzando polo aire varios ferros de tellado na barriada de San Pedro de Marín sen ocasionar danos persoais. Ata o lugar desprazáronse dúas dotacións do parque de Bombeiros do Morrazo e o cambión escaleira do parque de Ribadumia, xa que o do parque de Castiñeiras leva unha semana estragado e atópase á espera de reparación. Ainda que ocorreu ás 9 da mañá os efectivos de Ribadumia non chegaron ata dúas horas despois.

As planchas no chan.

.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *