Protesta ante o Parlamento dos membros da Mesa e de veciños de Moaña.

Os nacionalistas reclaman o regreso das urxencias e unha ambulancia de reforzo e o conselleiro replica que son os sanitarios os que queren permanecer no PAC de Cangas

Unha vez máis o BNG, a través do deputado moañés, Paulo Ríos, levou o problema da sanidade en Moaña ao Parlamento. Os nacionalistas reclaman unha ambulancia de reforzo e o regreso das urxencias ao PAC de cálea Concepción Arenal. Unhas demandas que a través da rexedora moañesa, Leticia Santos, levan expondo durante 60 semanas cada domingo pola mañá nas concentracións convocadas pola Mesa Local da Sanidade. Nesta ocasión, o conselleiro de Sanidade foi máis contundente e claro que nunca. Dixo que as urxencias seguirán en Cangas porque así o queren os profesionais, que son eles os que reclaman estar xuntos no PAC cangués, para dar así unha mellor atención aos cidadáns. Precisamente, sobre as protestas semanais, Julio García Comesaña cualificounas de «homilías dominicais da alcaldesa». Tamén puxo en valor o titular de Sanidade a cobertura das dúas vacantes de tarde grazas a unha convocatoria por concurso de méritos “que o Bloque rexeitou e tratou de suprimir”.

Ríos advertiu ao Goberno do PP que a veciñanza de Moaña “está farta das escusas e das demoras da súa consellería para a restitución do servizo e non entendemos esta agresión continuada”; unha situación na que os Populares, apercibiu, xa non poden atopar máis “escusas”, xa que coa situación COVID do ano 2020 Sanidade decidiu retirar este servizo de Urxencias.

Esta retirado conlevou o traslado do servizo a Cangas, algo que estendeu o problema debido ao “colapso” do PAC desta localidade, que tivo que absorber a demanda do concello de Moaña, unha veciñanza que se ten que desprazar a Cangas. E feito, detallou o parlamentario do Bloque, esta non é a única degradación do servizo que sofre a veciñanza moañesa, xa que Sanidade tamén lle nega unha ambulancia de reforzo, “sabendo que os tempos de resposta aumentaron debido a esta situación vendida como extraordinaria e que intentan que sexa definitiva”, criticou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *