Comparsas e concelleiro de Cultura na última reunión de traballo.

Concellería de Cultura e comparsas de Moaña xa se atopan pechando os últimos flecos do que será o Entroido deste 2023. A finais desta semana darase a coñecer quen será o pregoeiro ou pregoase desta edición e farase pública a programación ao completo. De momento, e tras a última reunión, avanzan que se recuperará o Martes de Entroido cunha festa que organizará a Asociación de Hostaleiros da localidade e que, como sempre, o entroido tamén chegará ás parroquias. Esta semana está previsto outro encontro cos colectivos colaboradores e coas Anpas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *