O PP de Vilaboa destaca do pleno de onte que a portavoz do BNG de Vilaboa, Tereixa Carro, votase a favor do axuste contable que permite a Cesar Poza «tapar dunha plumada» os 600.000 euros «que non conseguen xustificar en que se gastaron porque non existen facturas».
O portavoz do grupo municipal popular, Alberto Acuña, considera que Tereixa Carro «posiciónase en contra da verdade e apoia ao alcalde tapar a pésima xestión deste goberno local do PSdeG e tamén dos anos nos que o BNG estaba dentro do goberno que xestionaba o Concello».
O Partido Popular lamenta que en lugar de mirar polos intereses dos veciños, o BNG e o PSOE «únanse nun matrimonio de conveniencia para seguir poñendo parches a unha presa xa desbordante e que está a piques de gretarse, un matrimonio que lle custou xa moi caro a Vilaboa».
Acuña insiste en que é necesario coñecer en que se gastaron 600.000 euros públicos e pregúntase «como pode ser que non exista nin unha soa factura que achegue unha idea da que acabaron destinados». «A Intervención Xeral do Estado foi clara ao destacar que a conta 555 reflicte saídas de fondos que careceron de xustificantes, que como tal ha de tratarse á hora de esixir responsabilidades”
Reitera ademais o «compromiso do PP coa verdade e continúa esixindo unha auditoría independente para esclarecer este caso».