Pleno do Concello de Vilaboa celebrado no mes de agosto.

O goberno local levou a pleno unha modificación de crédito por importe de 545.903 euros destinada a cubrir o investimento en varias obras de carácter extraordinario da rede de saneamento en diversas parroquias, que o Concello asumirá con fondos propios e que non están reflexadas nos orzamentos prorrateados do 2021.

A modificación de crédito, que se asumirá con cargo ao remanente líquido de tesourería para gastos xerais, permitirá ao Concello dispoñer de fondos para licitar a rede de saneamento municipal en Outeiro (Bértola), e as memorias valoradas do saneamento no núcleo da Cardiña-Santo Adrián de Cobres e no núcleo de Acuña- Vilaboa. “O saneamento é unha prioridade para as veciñas e veciñas de Vilaboa e estas obras van facilitar que a rede deste servizo básico cubra o 90% do territorio
municipal”, explicou César Poza.

No caso do núcleo de Acuña o investimento previsto é de 238.917 euros para unha obra con dous bombeos para elevar as augas residuais ata a rede xa existente. Serán en total 742 metros de lonxitude da tubaxe, 25 pozos de rexistro e 16 acometidas que garantirán o saneamento integral do núcleo de Acuña e evitarán os verquidos libres nesta zona.

Na Cadiña a situación é similar, xa que unha parte do núcleo non está conectada á rede de saneamento municipal facendo un tratamento inadecuado das augas residuais xeneradas. A solución técnica adoptada polo Concello e da que se beneficiarán uns 50 residentes é a de transportar as augas residuais por gravidade ata un novo bombeo a executar na proximidade da ponte sobre o Rego do Chan da Goa, para posteriormente elevalas ata a cota da rede de saneamento existente, que funciona tamén por gravidade ata a EDAR de Vilaboa. Na Cardiña investiranse 159.803 euros e instalaranse 517 metros de tubo e 18 pozos de rexistro.

No caso do núcleo de Amproa, en Bértola, a obra a executar consiste na demolición de pavimento, excavación de zanxa para instalación do colector do saneamento, aportación de base de zahorra compactada, execución de pozos de rexistro e pintado de marcas laterais e central de calzada.

Taxa de saneamento

A sesión plenaria de Vilaboa acordou tamén a derogación da actual taxa de saneamento, que cifraba en 330 euros a conexión á rede municipal cunha redacción pouco clara e que nalgúns caso obrigaba ao Concello a asumir con fondos propios a execución da acometida individual. “Hubo casos nas que se quedou moi corta e noutros nos que superaba o coste do enganche”, explica César Poza que adiante que o Concello asume agora a elaboración dunha nova ordenanza adaptada á realidade actual que, tralas obras pendentes de execución, alcanza un saneamento do 90%.

Modificación de crédito

Outro dos puntos abordados na sesión plenaria é unha modificación de crédito de 660.000 para sanear a conta 555 que acumula facturas xeradas os anos 2000 e 2009. “A lei esixe unha solución contable, é decir, cambiar de sitio a partida económica xa que non hubo impagos nin hai débeda”. César Poza explicou que diferentes informes atribúen á escasez de persoal do Concello e á rotación dos postos de Intervención e Secretaría a dificultade de acreditar a colaboración do Concello en eventos, festas e actividades sen ter antes a consignación orzamentaria.

César Poza lamenta que o PP de Vilaboa, no seu afán de facer política con calquera cousa, faga da anécdota a noticia, convertindo en noticia unha anécdota. “Son facturas xa recoñecidas e pagadas, so pendentes dos axustes contables necesarios, e que por fin, este goberno, no seu afan de deixar as contan máis que claras e saneadas polo ben do noso concello vai facer. O PP por desgracia sigue na usa política de canto peor mellor”, conclúe.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *