Paseo marítimo Pontevedra-Marín.

A senadora Pilar Rojo pide explicacións ao Goberno central e solicita no Senado que corrixan o documento para que inclúan unha partida para a segunda fase do proxecto

A senadora do PP, Pilar Rojo, pediu explicacións ao Goberno no Senado por deixar fóra do proxecto de Orzamentos Xerais para o ano 2023 a segunda fase do Paseo marítimo entre Pontevedra e Marín. Lamenta que é “unha decisión incomprensible e nefasta, que confirma o nulo interese dos socialistas por este proxecto”. Rojo quere que aclaren, dunha vez por todas, si apostan ou non pola continuidade deste paseo. A popular pon en cuestión que así sexa, xa que “todos os sinais indican xustamente o contrario”. Así, fai referencia a que na primeira fase do proxecto, os veciños de Pontevedra e Marín estiveron esperando preto de ano e medio por unha obra que resultou ser unha auténtica chapuza, na súa execución, xestión e tramitación por parte do Goberno central.

Un paseo que, recorda, abriuse á cidadanía meses despois de estar concluído, unha situación insostible que provocou multitude de queixas entre os usuarios porque aínda estaba pechado para o público pero o paseo xa presentaba evidentes signos de deterioro e abandono.

E agora, “cando todos dábamos por feito que a segunda parte do Paseo íase acometer o ano próximo, o Goberno central volve a sorprendernos ao eliminar do documento o proxecto. Os orzamentos máis expansivos da historia, que conxelan os investimentos en Galicia e na provincia e que, ademais, eliminan un proxecto que xa estaba comprometido”.

Por iso, Rojo reclama que o Goberno central corrixa os orzamentos e inclúa unha partida para a segunda fase do proxecto. “Non pode seguir acumulando máis atrasos, non podemos esperar outro ano por un proxecto que debería estar xa rematado”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *