@incendiosgalicia

Será este xoves, ás 16.00 horas, no Museo Municipal Manuel Torres

O Museo Municipal de Marín acollerá este xoves, en horario de 16.00 a 20.00 horas, unha conferencia coa que o Distrito Forestal XIX Caldas-O Salnés, organizadores do evento, queren axudar na prevención de incendios forestais nos núcleos rurais.

No contido, abordarse cales son as principais limitaciones que hai que manter nas zonas de alto risco e como se mide o Índice de Risco Diario de Incendio. Ademais, falarase de como se deben solicitar autorizacións previas para a queima e como xestionar a biomasa no perímetro dos núcleos rurais, así como a distancia que se debe manter das edificacións ao levar a cabo esta actividade.

Falarase tamén de cal é o labor das asociacións de propietarios e sociedades de fomento forestal e daranse as claves para que no caso dun incendio se saiban aplicar os sistemas de alerta e de autoprotección pertinentes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *