Os participantes, profes, autoridades e xurado no Certame de Poesía.

Foi unha competición rifada a desta mañá no Certame Comarcal de Poesía Improvisada do Morrazo. Tanto é así que nun principio pensouse que o IES As Barxas de Moaña fora o centro que máis novos conseguira colocar entre os 14 finalistas pero, finalmente, houbo empate con é IES María Soliño de Cangas. Por tanto, o premio, unha rosca de Reyes, tivo que ser compartido entre os dous institutos.

O ambiente ao longo de toda a mañá no auditorio Xosé Manuel Pazos de Cangas foi festivo e estivo en grao sumo animado. Xunto ao profesorado, estiveron presentes os concelleiros de Normalización Lingüística dos tres concellos participantes: Cangas, Moaña e Bueu.

Trátase dunha actividade que busca fomentar, a través da poesía oral improvisada en verso, o interese dos mozos polo uso do galego organizada polos tres consistorios en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Asociación ORAL (Oralidade, Rima, Arte e Lingua) que leva organizando desde 2017.

Os centros que se apuntaron esta ano á actividade foron:
CPR Sagrada Familia (Cangas)
CPR Eduardo Pondal (Cangas)
IES María Soliño (Cangas)
IES Monte Carrasco (Cangas)
IES A Paralaia (Moaña)
IES As Barxas (Moaña)
IES Illa de Ons (Bueu)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *