A normativa creará espazos urbanos libres de violencia sexual e impulsará o benestar da muller apostando pola conciliación e o benestar laboral das víctimas
Protexer ás mulleres fronte aos ataques sexistas por medios tecnolóxicas, promover programas municipais para crear espazos urbanos libres de violencia sexual e apostar polo benestar laboral da muller mediante o apoio á conciliación e a maternidade. Estes son os piares da Lei galega de igualdade que tramita a Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, unha actualización da normativa que inclúe, ademais, a creación dun Estatuto das mulleres rurais e do mar para poder dar mellor resposta ás necesidades deste colectivo. Tamén un recoñecemento á discriminación múltiple da muller por discapacidade, etnia, idade, pobreza ou inmigración.
“Queremos seguir a situar a Galicia na vangarda da loita contra a violencia e a discriminación da muller, ao permitir visibilizar desigualdades e avanzar para erradicalas”, matiza la conselleira de Igualdade, María Jesús Lorenzana, quen asegura que o novo texto permitirá que Galicia manteña o compromiso da loita contra desigualdades como a violencia vicaria, á que define «unha forma máis de exercer a violencia de xénero».
Apoio á conciliación e a maternidade
Esta Lei galega de igualdade é un aposta firme na loita contra a secuela da violencia machista, pero tamén contra a dificultades da muller no ámbito laboral. Neste sentido, o anteproxecto da normativa recolle a idea do benestar familia vencellada coa conciliación, a maternidade, a prevención de riscos e o teletraballo, entre outros.
A intención da Consellería é promover entre o tecido empresarial a creación de contornas de traballo cada vez máis respectuosas e cooperativas, saudables e democráticas, xustas e solidarias. E para iso, a Xunta quere concienciar ao empresariado galego sobre a importancia da flexibilización de horarios e impulsar medidas que faciliten a conciliación e a reciclaxe profesional das persoas traballadoras. “Do que se trata é de xerar un benestar laboral entre as persoas traballadoras, o que incidirá nunha mellora da produtividade e competitividade”, apunta a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana.
Axudas directas ás vítimas
Entre os numerosos instrumentos cos que conta a Xunta para facerlle fronte á violencia de xénero atópase o apoio económico ás vítimas «para que a dependencia económica do agresor non sexa un obstáculo para que a vítima volva ser libre. Cada ano máis dun milleiro de mulleres benefícianse destas axudas. Aínda así, a conselleira quere «seguir mellorando a responsa institucional para que sexa máis precisa e eficaz». Para iso, a titular de Promoción do Emprego e Igualdade considera clave «o acceso ao a reincorporación ao mercado laboral non camiño a súa recuperación». A Xunta de Galicia leva anos impulsando, en colaboración cos concellos, políticas para que estas mulleres poidan traballar.