Os organizadores co concelleiro na presentación do evento.

O evento, que se celebrará os días 15 e 16 de outubro na Raña, contará tamén cunha batalla de galos na Alameda o 15 ás 19.00 horas, na que se medirán 32 participantes

O mellor freestyle galego e a paixón polos videoxogos volverán darse a man no II Marín Gaming Fest, que se celebrará na vila os días 15 e 16 de outubro. Os concelleiros Hugo González e Antonio Caíña presentaron xunto cos organizadores de BhB Galicia a batalla de galos que se celebrará o día 15 na Alameda, ao remate das actividades no Pavillón da Raña, a partir das 19.00 horas. Tal e como explican os organizadores, participarán 32 participantes, que xa están preseleccionados despois de que se abrise un período de inscrición á batalla a través da conta de instagram @bhb.edition. Tal e como aconteceu o ano pasado, haberá premio para o gañador e un trofeo.

O obxectivo, tal e como explicaron os edís, é poder acoller de novo na Alameda (sempre que o tempo o permita) un evento de cultura urbana, que tantos seguidores ten entre a mocidade e que empata á perfección co Gaming Fest, unha aposta que nesta segunda edición ten por obxectivo converterse nunha data marcada ano a ano no calendario para os amantes do videoxogo en Galicia.

Actividades do Gaming Fest

De novo, contarase cos torneos, con premio en metálico, de Super Smash Bros, Ultimate e League of Legends. “Para dar máis variedade ao evento e que poida xogar máis público, aumentarase o número de videoxogos dispoñibles, que terán xogo libre e pequenos torneos, como Mario Kart, Dragon Ball FB Z, Fornite, Fall Guys, Fifa22, Just Dance, Rocket League ou Switch Sports”, explican desde a organización. Ademais, manterase a zona de simracing con dous dos postos de volante de Gaming Troop e o xogo Project Cars 2.

A novidade deste ano será unha zona VR onde os asistentes poderán probar a experiencian das gafas de realidade virtual a través do xogo de ritmo Beat Saber. Ademais, nun evento coma este non pode faltar o concurso de cosplay, onde poñer a proba as habilidades de costura, patronaxe e interpretación dos que participen, que poderán ser até 50.

O “jugger” tamén terá o seu propio espacio, onde se poderá probar a aprender este deporte, facendo demostracións de partidos deste xogo. Completarána programación diversos obradoiros e charlas de interese, ademais dun concerto de música de videoxogos-anime, grazas ao artista Yell0. Ademais, para que os asistentes poidan desfrutar das actividades que se celebrarán durante todo o día, instalaranse varios foodtrucks diante do pavillón

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *