A concelleira Marián Sanmartín no seu despacho.

Esta subvención, tal e como explica, a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, ten o próposito de facilitar a conciliación familiar e de axudar no esforzo económico que supón para as familis a volta ao cole

A conciliación familiar é imprescindible para poder axudar a que pais e nais, ao longo de todo o ano, poidan compatibilizar a súa vida profesional coa educación dos fillos e fillas. Neste sentido, servizos como os comedores escolares ou o Plan Madruga son fundamentais.

A concelleira de Educación, Marián Sanmartín, explicou hoxe que, precisamente por iso “e co obxectivo de axudar no enorme esforzo económico que supón para todas as familias a volta o cole”, o Concello subvencionará un ano máis o comedor escolar, con 10 euros de axuda por cada neno ou nena.

Sanmartín explica que para beneficiarse desta axuda non é preciso realizar ningún trámite específico, “senón que se aplica de xeito directo coa inscrición do rapaz ou rapaza ao comedor”.

A maiores, desde Servizos Sociais existen axudas específicas para os casos de familias que se atopan en situación de exclusión social, ás que se lle subvenciona o 50 ou o 100% do importe, segundo a necesidade.

Actualmente, todos os centros educativos da vila de Infantil e Primaria contan con este servizo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *