Un tramo do roteiro xa limpo.

O Concello de Vilaboa rematou hai uns días o acondicionamento do sendeiro dos muiños de Riomaior, homologado pola Federación Galega de Montañismo e un dos principais atractivos turísticos de Vilaboa. A Xunta de Galicia rexeitou a subvención solicitada pola administración local para a limpeza da contorna e a renovación da sinalización polo que o alcalde, César Poza, decidiu acometer a actuación con fondos propios. Unha partida de 11.932 euros, máis IVE, devolveu ao roteiro o seu aspecto saneado e máis a reposición dalgún elemento danado nos muíños, así como unha nova sinalización da contorna.

Os traballos executados no roteiro dos Muíños de Riomaior comezaron cunha roza manual do sendeiro e a instalación de 25 postes de sinalización realizados en madeira tratada e fincados no terreo. Tamén se repararon catro pasarelas de madeira danadas, así como varandas e outros elementos deteriorados; pintouse a varanda metálica; sustituíronse as táboas de madeira no taboleiro da pasarela existente; arranxouse o panel informativo existente sustituíndoo por un de vinilo; e sustituíronse varios chanzos nas escaleiras de madeira. A actuación concluíu co deseño, produción e instalación dun panel divulgativo para sustituir o existente de madeira de piñeiro tratado en autoclave, de 110 centímetros, sobre postes de madeira fincados no terreo.

O alcalde de Vilaboa lamenta a nula colaboración económica da Xunta na conservación dos entornos naturais e na promoción dos recursos ambientais como activos turísticos obrigando aos municipios pequenos, como é o caso de Vilaboa, a recurrir a fondos propios para acometer os traballos de mantemento. “Para os municipios rurais e pequenos resulta moi complicado atender as tarefas de limpeza, desbroce e reposición de todos os nosos recursos. Sen embargo asumimos este esforzo económico para facilitar que os veciños e veciñas de Vilaboa poidan gozar do noso patrimonio nas mellores condicións posibles”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *