Un voluntario de Protección Civil tentando a fumigación.

Unha empresa especializada en erradicación de pragas desplazouse esta de semana a Acuña para proceder á pulverización do entorno cun produto específico que permita a erradicación das pulgas neste ámbito. É a primeira dunha serie de sesións de tratamento especializado que reforzarán as fumigacións efectuadas por membros de Protección Civil desde finais de agosto, momento en que se detecta o problema.

Cabe recordar que a poboación de Acuña padece dende hai varias semanas os inconvintes dunha praga de pulgas que xurde polo abandono xunto a un contenedor dun colchón infestado destes parásitos. As altas temperaturas misturadas coa humidade destes días mermou a eficacia das fumigacións realizadas e contribuiu á proliferación da plaga.

Ademáis da zona na que foi abandonado o colchón, precintada dende hai días, a
empresa pulverizou todo o ámbito, vial e frentes das vivendas. O alcalde de Vilaboa, César Poza, pide aos veciños de Acuña un “pouco máis de paciencia” xa que confía en que o tratamento da praga que se inicia hoxe aporte resultados inmediatos. Tamén pide a colaboración veciñal para identificar e loitar contra o abandono indiscrimando de voluminosos. “En Vilaboa temos un problema moi grave co turismo de residuos e haille que poñer freo. Non é de recibo que teñamos que soportar de xeito colectivo un problema desta gravidade porque unha persoa abandona un colchón e nestas condicións, cando hai mecanismos sobradamente publicitados para afrontar estas situacións”.

César Poza pide colaboración para a identificación da persoa ou empresa infractora e de futuros abandonos de residuos. “Temos que ser conscientes de que a irresponsabilidade de algúns ten consecuencias para a colectividade. Ademais dos problemas de salubridade que se poidan xenerar, a resolución desta situación está a xenerar uns gastos que asumimos todos os cidadáns, tanto os de contratación da empresa para erradicar a praga como os que se derivan do tratamento destes
residuos”.

O alcalde insiste en que o Concello realizou xa campañas de concienciación e
información dabondo e que é o momento de avanzar cara a sanción das infraccións. “Actuamos no mesmo momento en que soubemos do problema. Quero insistir nesto porque está claro que non obtivemos os resultados desexamos e entendemos o malestar de quenes teñen que padecer e convivir o problema”.

Neste sentido César Poza afea o posicionamento do voceiro do Partido Popular nesta situación. “Vencellar a limpeza dos contenedores cunha situación derivada do abandono dun colchón infestado entendo que é un argumento de mala fe. Sería bo que entrar en precampaña electoral non impedise manter unha certa coherencia e honestidade, porque non todo vale”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *