O concelleiro Pablo Novas durante a visita á zona dos traballos.

A limpeza dos ríos é unha actuación medio ambiental de mantemento que se debe facer todos os anos para poder liberar ao trazado do río da maleza que se acumula e permitirlle ao caudal da auga que discorra sen obstáculos ao longo do cauce.
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegouse ata o río Lameira, para comprobar o inicio destes labores, nos que se investirán cerca de 12.000 euros.

Os traballos consistirán na limpeza dos laterais e do propio cauce, triturando a maleza cunha desbrozadora manual de disco. Esta maleza, así como os obxectos e os plásticos que se poidan atopar, serán levados ao vertedoiro. Xa se realizaron os traballos pertinentes no río da Laxe, desde a ponte do camiño do Peso ata a parcela traseira ao supermercado Mercadona, incluindo o corte e a recollida das cañas do talude do CEIP da Laxe; e no río Lapamán, desde a estrada xeral ata o camiño. Agora, actuarase nos seguintes:

● O río Lameira, desde Ponte Zapal ata a ponte de Coirados, así coma o regato que vai por detrás do CEP Sequelo.
● O río da Grela, desde a ponte de Coirados ata o Lavadoiro da Presa.
● O río Castiñeiras: desde o Lavadoiro de Coirados ao muíño antigo na Roza

Con esta limpeza, que sempre se fai coincidir coa estación outonal, conséguese, ademais, prever posibles problemas de desbordes e de atrancos no leito na época de chuvias do inverno, para evitar que se produzan danos nas zonas poboadas polas que discorren estes ríos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *