A inauguración da exposición o sábado á tardiña.

O Centro de Información a Muller de Marín vén de rematar a súa memoria anual de actividades realizadas durante o 2022, un ano no que, de novo, a loita contra a violencia de xénero e a concienciación cara á cidadanía da importancia de superar a lacra do machismo formou parte da axenda municipal.

Ao longo dos 12 meses que despedimos recentemente, leváronse a cabo decenas de actividades, tanto enmarcadas nalgunhas das datas máis relevantes a nivel de igualdade, como o 8M ou o 25N, pero tamén noutros momentos do ano. Algunhas das máis destacables foron, por exemplo, a exposición que se levou a cabo para conmemorar os 15 anos da convocatoria do Consello Municipal da Muller.

Tamén se realizou o programa Igualdade a Pé de Rúa. Situouse un posto divulgativo na Praza 8 de marzo, en horario de mañá,con actividades para visibilizar as violencias machistas e todos aqueles machismos invisibilizados que podemos atopar na sociedade. Esta acción estaba dirixida por profesionais con formación especializada en materia de igualdade. Repartiuse material divulgativo, organizouse un photocol polo bo trato a través dun escenario creativo, creouse un espazo para a lectura en igualdade e cada persoa que participaba era invitada a cubrir unha enquisa sobre a igualdade para coñecer a situación do Concello.

A exposición da ONU, sobre a historia do feminismo, tamén foi outra actividade destacada, así como a de ROMPE, da Deputación de Pontevedra.

Por outra banda, impulsouse un programa de Empoderamento e Activación para o Emprego. Esta actividade foi xestionada polo CIM e posta en marcha pola Asociación de Mulleres con discapacidade de Galicia (ACADAR). O obxectivo principal foi fomentar o empoderamento e potenciar a integración sociolaboral dun colectivo que tradicionalmente se enfronta a múltiples discriminacións, como é o das mulleres con discapacidade.

Realizáronse itinerarios personalizados de inserción sociolaboral, sesións grupais de apoio psicosocial, intervencións grupais orientadas ás habilidades prelaboais e alfabetización tecnolóxica. Tamén se realizou seguimento a nivel individual para acadar os obxectivos e metas específicas expostas con cada beneficiaria. Participaron un total de 10 mulleres usuarias do CIM con certificado de discapacidade ou en trámites.

No que respecta a material de formación, tamén de creou unha Guía Rápida de actuación sobre a violencia de xénero, que foi entregada aos persoal dos Centros de Saúde e aos corpos de seguridade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *