A moto no lugar do accidente esta mañá.
Benito Carballal nunha publicación reciente.

Un veciño de Marín de 52 anos, Benito ‘Nito’ Carballal Novegil, morreu esta mañá tras saírse da vía a moto que conducía á altura de Tenorio, no Km 82800 da N-531 de Cerdedo-Cotobade, segundo informa a Garda Civil. Trátase da mesma estrada onde tivo lugar o accidente do autobús en Noiteboa. A moto circulaba en sentido Ourense porque se dispoñía a participar da concentración moteira Pingüinos desta fin de semana e por circunstancias que non transcenderon saíuse da vía invadindo o carril contrario da estrada, polo que afortunadamente non pasaba ninguén nese momento. Foi derivado ao hospital Montecelo de Pontevedra onde se certificou o seu falecemento pola gravidade das feridas. Trátase dunha persoa moi coñecida no municipio porque traballaba nun comercio do centro de Marín.

Foi a Policía Local de Marín quen deu a noticia a súa familia a primeira hora da mañá.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *