O 25 N no Morrazo

Nov 25, 2022
Os centros de ensino de Cangas esta mañá na praza das Pontes.

Toda a comarca do Morrazo dedicou este 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a condenar esta lacra social. Cada concello fíxoo á súa maneira, con actos institucionais e tamén sociais sempre co morado como emblema. No caso de Moaña, as asociacións de mulleres do municipio teceron os tradicionais panos cos nomes das vítimas ao longo do último ano. Como manifesto, a Declaración Institucional apoiada por todos os grupos da corporación municipal.


En Cangas, os centros educativos foron os protagonistas durante a mañá na praza das Pontes. Xa pola tarde, manifestación polas rúas do centro da localidade para reivindicar o «feminismo» e a loita contra a violencia de xénero. Durante o percorrido, que partiu ás 19:30 horas do Concello e onde terminou unha hora despois, escoitáronse consignas como «Mulleres somos, mulleres seremos, pero na casa non quedaremos».

No Concello de Marín celebrouse o acto institucional de entrega dos premios Lazo Violeta nun salón de plenos abarrotado. As encargadas de ler o manifesto foron as deportistas Rebeca González, do Club de Taekwondo Mat´s e a experta en defensa persoal da Asociación Deportiva Dom+ Eva María Couto. Ambas foron as entidades premiadas.

O Concello de Bueu tamén organizou este venres ao mediodía unha serie de actividades con
motivo do Día Internacional Contra as Violencias Machistas coas que se reivindica a erradicación das violencias machistas e a loita a prol da igualdade entre homes e mulleres, e que constaron dunha lectura da declaración institucional, e unha performance.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *