A moza ferida no chan á espera da chegada da ambulancia.

Unha persoa resultou ferida este mediodía na rotonda do Portal do Almacén, en Moaña. Segundo informa a Policía Local, ocorreu poucos minutos antes das dúas da tarde cando un coche e unha moto chocaron e, como consecuencia do impacto, unha moza de 24 anos e veciña de Tui resultou ferida de consideración e tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital. En principio non estaba grave e permaneceu consciente en todo momento.

A ferida accedeu á rotonda desde a Avenida de Cangas e a condutora do outro vehículo, veciña de Moaña de 47 anos, desde O Real. Polo momento descoñécese como puido producirse o choque, que nun principio se pensou era un atropelo ao ver á muller tendida sobre o chan. Os primeiros auxilios recibiunos de dous médicos do centro de saúde de Moaña que nese momento acudían ao seu domicilio e pararon ata que chegou a ambulancia, que tardos media hora porque estaba ocupada noutro servizo, informa a Policía Local.

Ata o lugar achegouse unha patrulla da Policía Local e unha ambulancia do 061 que se encargou do traslado da moza ao centro hospitalario. Dada a hora en que se produciu o incidente e a afluencia de tráfico desta rotonda, o accidente provocou importantes retencións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *