Vista aérea do concello de Marín.

Esta mañá tivo de novo lugar unha reunión telemática de seguimento dos datos da auga e a situación de prealerta na que nos atopamos na conca do río Lérez debido ao baixo caudal que soporta e as perspectivas a curto prazo. Asistiron, de forma telemática, os concellos afectados, entre eles Marín, e Augas de Galicia, poñendo de relevo que as medidas adoptadas desde que a seca comezou a ser un problema. Unha situación que está a ser similar á da semana pasada. Augas de Galicia continúa mantendo a situación de prealerta, polo que este diálogo repetirase para continuar valorando a evolución desta situación.

En representación de Marín estivo a alcaldesa, María Ramallo, quen asegura que «desde Marín seguiremos tomando estas medidas xa en vigor que conciencien de que esta situación podería dilatarse se non chove e en consecuencia o río Lérez baixa o seu caudal ecolóxico».

Ata o momento continuaremos así e en consecuencia nas restricións xa postas en marcha.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *