Manuel Santos, concelleiro de Facenda.

O concelleiro de Facenda e tenente alcalde, Manuel Santos, presentou en Comisión Informativa o proxecto de Orzamento para o 2022, despois de que se cerrase a negociación relativa ao capítulo de Persoal. Este Orzamento ascenderá a 14.895.099,40 euros, un 9,17% máis con respecto ao ano 2021. Tal e como explicou Santos, este incremento rexístrase, por unha banda, no aumento na recadación impositiva e, por outro, na maior participación que se recibe dos tributos do Estado e da Xunta de Galicia, sendo esta parte o 51% do Orzamento.

“Facemos esta proposta de Orzamento despois de estudar e analizar todas as necesidades e demandas da nosa veciñanza nun momento coma este, no que a situación económica non é fácil para as familias”, explicou o edil. “Coa proposta, reflexamos a realidade económica do noso municipio, que consegue aumentar a contía grazas aos recursos dos que se poden dispoñer de cara á súa xestión”, continuou.

No que respecta ás partidas de gasto, o que corresponde a Persoal ascende ao 40,8% do Orzamento, sendo dunha contía de 6.082.732 euros. Despois está o gasto corrente, que cubre un 55% do Orzamento, un capítulo no que entra toda a inversión constante que desde o Concello se fai nas brigadas de limpeza, en todos os traballos de mantemento, na organización e promoción de actividades culturais e deportivas, na prestación de máis e mellores servizos sociais, na inversión nos centros educativos, no coidado do medio ambiente e o coidado dos parques e xardíns, na mellora constante do rural…

E este incremento de Orzamento faise, de novo, “mantendo a conxelación de impostos e taxas que aplicamos desde hai máis de 11 anos”, lembra Santos, que incide en como grazas aos fondos públicos dos que se dispoñen “podemos continuar na senda de execución de proxectos esenciais para a nosa vila, ben financiados polos fondos municipais ou coa cofinanciación doutras entidades: a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra ou a Unión Europea, a través dos Fondos Dusi, por exemplo”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *