As escaleiras xa renovadas.

A renovación practicamente completa das escaleiras que comunican a rúa Ezequiel Massoni e o camiño que leva ao cemiterio da Raña finalizou estes días tras oito anos desde a súa construción. Está feita en varios tramos, cun ancho de case dous metros, para tentar abordar a forte pendente que existe.

Atopábase moi deteriorada, @teniendo en cuenta a zona húmida e con pouco sol no que se atopa e tratándose de material de madeira na súa práctica totalidade fai que fose necesaria a súa total reconstrución.

É moi utilizada, xa que acurta moito para acceder á zona do cemiterio e dos tanatorios e evita ter que dar a volta pola rúa Recamán.

As obras tiveron un orzamento de case 25.000 euros e foron executadas por Traballos Forestais Rías Baixas S.L.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *