O Templo Novo do Parque Eguren de Marín.

O Concello de Marín porá en marcha un novo catálogo de ferramentas informáticas orientadas á xestión dos diferentes recursos patrimoniais presentes no municipio. Tal e como informou a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, “con esta actuación, que acabamos de contratar, imos poder contar con sistemas de xestión dos bens patrimoniais, museísticos, arquivísticos e bibliográficos, así como sistemas para a súa conservación e difusión”.

O obxectivo principal é promover o inventario, catalogación, dixitalización, conservación e difusión de todos eles, cumprindo as distintas normas e normativas internacionais. “O que procuramos, precisamente, é comprometernos coa conservación e a difusión do noso patrimonio presente, pero tamén de todo o pasado, axudando a rememorar a nosa historia”, declarou a concelleira. Dende hai anos, o Concello leva traballado en diferentes iniciativas que axuden á accesibilidade aos bens patrimoniais, fomentando o desenvolvemento tecnolóxico e a posta en valor da historia municipal.

Coleccións particulares

Este proxecto non só dotará de ferramentas para traballar cos fondos patrimoniais presentes no Concello, senón que tamén proporcionará

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *