As obras para a nova tenda xa están en marcha e o edificio terá dúas plantas

Mercadona iniciará en marzo a construción dun novo supermercado eficiente en Marín, na parcela de 3.777 metros cadrados que se sitúa entre as rúas República Arxentina e Cortina Bouza.

O edificio contará con 6.469 metros cadrados de superficie e terá dúas plantas. A baixa será para parking e a primeira acollerá a tenda. Tal e como explicou a firma, o supermercado seguirá o novo modelo de Tenda Eficiente de Mercaddona, tratando de reducir ata un 40% o consumo enerxético con respecto ao modelo de tenda tradicional.

Entre as medidas que se aplicarán para acadar esta mellora está o illamento térmico e acústico, os novos arcóns de conxelado máis eficientes enerxeticamente ou un sistema de iluminación LED automatizado que se regula segundo as zonas e os momentos do día.

Desde o Concello, aseguran que esta aposta por parte de Mercadona é importante “porque evidencia o atractivo que ten a nosa vila como un lugar no que investir en melloras de negocio”. Pero é que ademais precisamente esa mazá urbana experimentará con esta obra unha remodelación moi chamativa, unida á recente apertura do viario Travesía República Arxentina.

“Estamos conseguindo transformar esta parte tan céntrica da vila”, asegura o Concello, que recorda que tamén é unha oportunidade para a promoción inmobiliaria, dado que existen parcelas se chan urbano que agora resultan máis atractivas coa apertura da nova rúa, a humanización de Inferniño, que xa se fixo no seu día, a cercanía dun aparcadoiro público gratuito e a dotación, cando rematen as obras, dun establecemento de alimentación como é o Mercadona de última xeración.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *