Obras de mellora da accesibilidade en Marín.

Mellorar a accesibilidade do espazo público, así como das instalacións públicas e privadas en xeral, é unha liña estratéxica fundamental para facer da vila de Marín un espazo cómodo e inclusivo para todos e todas. Nesta liña, o Concello vén de acometer unha actuación na zona da Avenida de Ourense na que hai un acceso portuario, que contaba cun pavimento a base de adoquíns que supoñía un problema para persoas con mobilidade reducida, xa que a cadeira de rodas non podía transitar correctamente por ese espazo.

Así, creouse unha senda que dá continuidade ao carril bici creado na remodelación da Avenida para xerar un itinerario liso e cómodo no que poidan pasar aquelas persoas en cadeira de rodas sen ter que modificar a súa traxectoria nin verse en problemas polo adoquinado anterior.

Desde o Concello, séguese traballando para tratar de eliminar todas as barreiras arquitectónicas que hai no espazo público, tal e como xa se ven facendo cada vez que se humaniza ou mellora unha rúa.

Agora, estase preparando tamén unha campaña de sensibilización e visibilización en pro da acceisbilidade universal para concienciar á cidadanía, aos comercios, á hostalaría e a todos os sectores relevantes da vida pública da importancia de que todos e todas, independientemente da nosa situación, poidamos acceder por igual aos espazos compartidos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *