Os membros da Mesa Local de Comercio de Marín na reunión de febreiro.

A Mesa Local de Comercio reuniu no Concello á alcaldesa, María Ramallo, e á concelleira de Comercio, Cristina Acuña, xunto cos representantes das asociacións de comerciantes, Yonathan Carreira, por Estrela de Marín, e Manuel Solla, por Acemas; así como ao Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, Alfredo Montero, e os representantes dos grupos da Corporación, Lucía Santos e Manuel Pazos.

Nesta convocatoria, todas as partes implicadas fixeron un moi bo balance das actividades que se levaron a cabo, tanto desde o Concello, articuladas a través de Marín en Rede, como desde as asociacións para visibilizar o tecido comercial local.

No caso de Estrela de Marín, por exemplo, unha das citas que máis repercusión tivo e que seguirá sendo unha aposta municipal foi a feira de oportunidades Stock Marín, que tivo dúas edicións, durante o Nadal e no verán, nas que o resultado tanto por parte da veciñanza como no que respecta á opinión dos comerciantes participantes.

Acemas tamén trasladou a boa resposta que están tendo algunhas das iniciativas que levan a cabo na parroquia de Marín, fidelizando ás persoas que mercan no comercio local e apostando por visibilizar a todos aqueles que manteñen viva a economía de Seixo.

Desde o Concello, tamén quixeron facer fincapé nas novas campañas que se están impulsando a través de Marín en Rede, como foi a recentemente organizada polo San Valentín, e que tratan tamén de coidar e aumentar ese vínculo entre os veciños e veciñas e o seu comercio local.

De cara a Semana Santa, seguirase traballando unha campaña de dinamización especialmente centrada nos locais hosteleiros do Vial de Praias, que comezan xa ter ese atractivo que os caracteriza e que se acompaña do bo tempo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *