Unha das illas queimada.

Madrugada revolta no centro de Marín pola queima de tres illas de contedores na rúa Jaime Janer, en total media decena de depósitos, todos ao longo desta rúa no tramo desde suboficiais ata o cruzamento con Busto de Arriba. Ocorreu en torno as 3 da madrugada e no operativo participaron Policía Local, Policía Nacional e Bombeiros do Morrazo.

Non é a primeira vez que arden contedores en Marín. Xa tiveron que sufocar lumes similares en San Pedro e Concepción Arenal, onde tamén resultou danado un coche que estaba aparcado. Tamén houbo incendios en varios vehículos, un deles estacionado en suboficiais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *