Forma parte do Plan Marco de mellora de camiños municipais que financia a Xunta de Galicia. Concretamente, investiranse 54.863,47 euros
O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu ata o camiño que une o Lavadoiro da Moreira con As Canles, que acaba de comezar a súa pavimentación e mellora, unha actuación que se enmarca dentro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023, financiado pola Xunta de Galicia.
Este plan marco aplícase para camiños que son de titularidade municipal e que facilitan o acceso, en calquera punto do seu trazado, cando menos a dúas parcelas agrícolas.
A súa mellora pretende que continúe sendo unha alternativa segura e funcional para a ordenación do tráfico rodado da zona, actualmente infrautilizada debido ás súas malas condicións de utilización. Así, levarase a cabo unha rehabilitación do firme e unha mellora do drenaxe da plataforma da vía.
En total, investiranse 54.863,47 euros e os traballos serán executados pola empresa Covsa.