Publicidade da campaña na Praza do Concello de Bueu.

Fecimo levará a cabo esta campaña en Bueu, Cangas, Moaña e Marín, no que supón, por segundo ano a colaboración coa Asociación Estrela de Marín nas campañas levadas a cabo pola Federación e froito das boas relación por parte de ambas entidades

Un ano máis, o comercio do Morrazo celebra a súa tradicional campaña de Nadal que, como xa é tradición, reparte a maior cantidade e contía en premios para os clientes do comercio local. Por segundo ano, Fecimo, expande o seu alcance á vila de Marín da man de Estrela de Marín, asociación coa que existe unha moi boa relación e coa que se están a desenrolar proxectos en común dende fai tempo. Deste xeito, Fecimo presenta unha fantástica campaña na que repartirá máis de 15.000 euros para que os clientes do comercio local atopén un Nadal cheo de regalos no comercio local.

Esta campaña conta coa participación de mais de 300 empresas, integradas nas asociacións locais de Bueu, Cangas, Moaña e Marín, de diversos sectores e actividades (na súa maioría comercio, pero tamén hostalaría, saúde e beleza, etc.), e que repartirán sorte entre a clientela local nunha campaña moi especial ao tratarse da primeira colaboración da Asociación Estrela de Marín coas suas homónimas do Morrazo.

“TI ES A NOSA ESTRELA DE NADAL”, con este slogan FECIMO lanza unha clara mensaxe dirixida a reforzar a idea de que nestas datas os mais importantes son aqueles clientes que se achegan a mercar ao comercio de proximidade e é gracias a eles que o comercio continúa enchendo de luz e de cor as rúas das nosas vilas.

Funcionamento da campaña

A campaña máis tradicional do comercio local, conta cun moderno e sinxelo sistema de participación que garante que todos os premios se repartan entre as persoas participantes na campaña, e que sexa doado o contacto cos/as premiados/as, sabendo no momento o establecemento que deu o premio.

A participación, coma nos últimos anos, realizarase a través duns códigos alfanuméricos que se deben rexistrar na dirección web: www.comerciodomorrazo.com para saber no instante se hai premio ou non, e se non ten premio instantáneo, participar no sorteo final de premios. FECIMO, coa incorporación de Estrela de Marín, porán en circulación mais de 150.000 boletos con códigos nas tendas do Morrazo, que se poderán conseguir coas compras realizadas a partir do venres día 3 de decembro de 2021, día no que se abrirá tamén a web coa imaxe da campaña e que estará vixente ata o día 7 de xaneiro de 2022.

Coma sempre, a clientela poderá acceder ao sistema dende o ordenador, así como a través do móbil ou tableta. Para quen non este familiarizado con este sistema, prestarase a axuda necesaria dende as oficinas da federación.

Premios

Repartiranse máis de 15.000 euros en premios. Os premios materialízanse en cheques-compra para utilizar exclusivamente nas empresas participantes e no prazo dun mes dende a finalización da campaña. O obxectivo é que este ano sexan premiados un número todavía maior de veciños e veciñas que en campañas anteriores, e para isto a organización estableceu os seguintes premios:

4 PREMIOS DE 1.000€
6 PREMIOS DE 200 €
9 PREMIOS DE 150 €
12 PREMIOS DE 100 €
12 PREMIOS DE 75 €
50 PREMIOS DE 50 €

34 PREMIOS DE 25 €
MAIS DE 100 XAMÓNS
MAIS DE 20 ESTOXOS DE VIÑO
MAIS DE 300 VALES DESCONTO
E MAIS DE 300 PREMIOS APORTADOS POLOS ESTABLECEMENTOS
PARTICIPANTES NA CAMPAÑA

4 grandes premios de 1000 euros

A organización continúa co reparto de pequenos premios tralo éxito acadado nas pasadas edicións onde foi moi ben recibido polo aumento do número de gañadores en tódalas vilas, pero igualmente, este ano reserva 4 grandes premios de 1.000 € para que de entre tódalas compras realizadas nas 4 localidades, un cliente ou clienta do comercio local por localizade sexa agraciado cun gran premio moi especial. A diferencia dos 123 premios de entre 25 e 200 euros que sairán durante a campaña de Nadal, os grandes premios de 1.000 euros repartiranse unha vez concluída a campaña de Nadal nun sorteo final.

A maiores, os establecementos participantes tamén premiarán aos clientes con “PREMIOS PROPIOS” incluídos no mesmo sistema de sorteo da campaña e que polo de agora, e ainda que serán máis, xa suman máis de 800 premios. Deste xeito, as persoas participantes na campaña terán moitas máis posibilidades de recibir “un cariño” polas súas compras no comercio local.

As entidades organizadoras decidiron que este ano as persoas premiadas recibirán os premios nos mesmos establecementos comercias onde se lles entregue o boleto que resulte premiado.

A organización da Camapaña de Nadal corre a cargo de FECIMO – Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo a través das asociacións locais de cada localidade participante: ACIMO, ACIBU, ACICA, ESTRELA DE MARÍN e conta coa colaboración da Xunta de Galicia – a través da Dirección Xeral de Comercio –, a Deputación de Pontevedra e ABANCA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *