Aviso ás portas do centro de saúde de Moaña.


Aseguran que viviron situacións moi tensas cando ven obrigados a enviar aos enfermos e enfermas a Cangas para que sexan atendidos por urxencias. Prevén que a situación se agrave aínda máis nos próximos días ante a escasez de médicos polas tardes

O traslado das urxencias ao centro de saúde de Cangas durante a pandemia e a súa continuidade aínda agora, sumado á escaseza de persoal sanitario na Casa do Mar de Moaña, especialmente durante as tardes, provocou situacións tensas entre sanitarios e pacientes, especialmente no departamento de administración ao ser os encargados de informar os veciños de que para ser atendidos teñen que irse ao pobo veciño. É por este motivo que os traballadores decidiron solicitar, entre outros asuntos, a contratación dunha persoa de seguridade que poida intervir ante calquera incidente violento.

A solicitude ao Sergas fixeronna a semana pasada ao prever que a tensión poida a chegar a incrementarse aínda máis. Co Concurso de Traslados, o servizo do centro de saúde de Moaña en horario de tarde reduciuse a un só médico porque, indican, a consellería decidiu non cubrir as vacantes. Polo tanto, e segundo avisan xa dende a porta de entrada ás instalacións de Concepción Arenal, «sólo atenderán as urxencias vitais» pola falta de tres médicos.

Morrazo Noticias púxose en contacto coa área Sanitaria de Vigo para preguntarlle por esta cuestión e negan que desde o Sergas haxa intención de poñer persoal de seguridade no centro de saúde de Moaña. «En ningún centro de saúde hai seguridade, é unha figura que non está contemplada nestas instalacións», indican.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *