Alimentos atopados no lixo.

O PP de Vilaboa pide investigalo para saber por que acaban no lixo os alimentos que se entregan a familias con necesidades

O PP de Vilaboa denunciou este martes a aparición de alimentos non perecedoiros do departamento de Servizos Sociais do Concello tirados no lixo tras ter coñecemento diso a través dunha publicación en redes sociais dun grupo de veciños a noticia da que se facían eco vía redes. Os populares preguntan «se é que o Concello entrega estes alimentos sen control sobre as persoas que os reciben e as súas verdadeiras necesidades» e fan fincapé «na cantidade de persoas que nunca acoden a estes servizos a pesar de que teñen verdadeira necesidade». «Por culpa de actitudes como as de persoas que tiran os alimentos recibidos, atopan estigmatizado o feito de acudir aos servizos sociais», consideran os populares de Vilaboa.

O PP pide que se aumente o control sobre os beneficiarios destes servizos para evitar que esa situación volva repetirse e xóguese desa forma coa boa vontade de quen doa eses alimentos aos bancos de alimentos para que cheguen a persoas verdadeiramente necesitadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *