O PP de Vilaboa denuncia que o Concello siga sen acender a iluminación do Nadal mentres obrigaba a veciños participantes nun concurso do Nadal a facelo antes do día 10.
Os concelleiros populares insisten na «falta de luces» do Concello ao non iluminar as rúas coa iluminación do Nadal e facer que o municipio «sexa o último da provincia en iluminarse co consecuente efecto negativo que este atraso provoca no comercio e hostalería local».
Así mesmo pregúntanse «que haberá de realidade no anuncio de facer ese aceso o día 20 cando nin hai contrato algún para as mesmas, nin se presentou prego para licitación desa iluminación». Desde o PP queren saber se de novo César Poza recorrerá a contratar de forma irregular estes servizos.
Desde o PP insisten en que “non se pode chegar sempre tarde a todo o que un municipio como Vilaboa require” e consideran que “César Poza, igual que a iluminación do Nadal, está apagado e a súa duración vai ser limitada”