Oficina de O Toural, en Vilaboa.

O home foi detido pouco despois en Arcade. Non logrou levar nada

Un home de mediana idade foi detido por tentar roubar na sucursal bancaria do Santander esta mañá en Vilaboa, informa a Garda Civil. Segundo testemuñas, o home, entrou na oficina ao redor das 11 da mañá e tras encerrar á directora e a outra empregada no baño tratou de facerse cun botín que finalmente non conseguiu e escapou. Foron elas, que tiñan o móvil encima, quenes alertaron do atraco. Pouco despois o autor foi detido en Arcade.

O incidente provocou un balbordo en Vilaboa polo despregamento policial levado a cabo para tratar de deter ao ladrón. As empregadas da oficina tamén necesitaron atención médica ante o estado de ansiedade no que se atopaban.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *