Este domingo 9 de outubro o Concello de Moaña cita a veciños e visitantes á feira ECOartesá, que este outono xa cumpre o seu decimo terceira edición. Será desde as 11:00 da mañá e ata as 21:00 horas na contorna do palco da música, onde se prevé que se instalen medio centenar de postos moi variados: productos da horta, mel, especial, froitos secos, repostería saudable, pan e empanadas, xabóns e cosmética natural, xoguetes e instrumentos artesás, pratería, artesanía en coiro, produtos de segunda man e tamén unha polbeira para o xantar.
E como animación, prevese a actuación das pandeireteiras «Salgaharitas» de Moaña, actividades para os mozos a cargo da Asociación Trebellos e, mesmo, cabalos para montar e facerse fotos. Esta actividade ecuestre chega da man da asociación ADOC. E como guinda, actuación infantil de Pajarito ás 18:00 horas e de 2con2 para acabar ás 19:00 horas.