Primeira toma de contacto da Concellaría de Cultura coas comparsas para a organización do Entroido do ano que vén. O encontro tivo lugar no salón de plenos do Concello moañés o pasado mércores con representantes das 13 comparsas que participarán nas actividades do 2023, unha máis que o ano pasado cun total de 13.
Na reunión coordináronse os ensaios en locais socioculturais e concluíuse que se traballará co obxectivo de recuperar o martes de Entroido