A comunidade de montes de San Xulián co concelleiro de Medio Rural no camiño mellorado.

Os veciños do lugar da Grela viron mellorada unha pista grazas á intervención que acometeu a Comunidade de Montes en colaboración con  o concello de Marín. A obra foi realizada pola empresa Caldevergazo S.L..

A pista que se mellorou conta cunha lonxitude aproximada de 300 metros e as obras realizadas consistiron en desterres, picado de roca, explanación, colocación de muro, tubos,  pavimento de formigón no inicio e saburra na práctica totalidade da pista cun ancho de 5 metros en  toda a plataforma de rodadura, que se conseguiu grazas á colaboración veciñal que fixeron unha cesión  das súas parcelas. O gasto foi asumido nun 90 % pola Comunidade de Montes de San Xulián e un 10 % polo concello de Marín.

Esta obra forma parte dun plan que ten en marcha desde hai uns anos a Comunidade de Montes de San Xulián na parroquia para ir mellorando diversos espazos. Desde a entidade agradecen a colaboración do concello e seguirán man a man para poder seguir mellorando diversos puntos da parroquia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *