A semana que ven o salón de plenos do Concello de Moaña acollerá as Xornadas Micilóxicas organizadas polas concellerías de Medio Ambiente e Mocidade. A primeira sesión será o xoves 2 de decembro as 20:00 horas co tema «A deriva do medio natural no Morrazo» e será impartida polo técnico superior en Recursos Naturais David Álvarez Graña.

Ó día seguinte, 3 de decembro, á mesma hora, «Introducción á micoloxía. Características macroscópicas dos cogomelos» da man de Santiago Corral, da agrupación Micolóxica Naturalista Liboreiro.

E o sábado 11 de decembro ás 10:00 horas na praza do Concello de Moaña, saída ó monte. Segundo a concellería de Mocidade, a lugar dependerá das condicións meteorolóxicas pero será o polo sendeiro de Rialdarca ou polo río da Fraga.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *