Exterior do CPI O Toural de Vilaboa.

O alcalde fai frente común coas direccións dos centros e anima a matricular no municipio coincidindo co inicio do proceso de admisión de alumnado

O inicio do período de reserva de praza nos centros escolares é sinónimo de inquedanza para moitas familias. O Concello de Vilaboa pon en marcha unha campaña coa que invita ás familias a escolarizar aos seus fillos e fillas nos centros educativos do municipio, merecedores de recoñecemento como «Escolas Públicas de Calidade» co engadido de estar nun entorno natural e rural similar o do fogar familiar. O comezo do proceso de prematriculación e admisión para o vindeiro curso, entre o 1 e o 20 de marzo, supón sempre un reto para os centros que imparten educación infantil, que en ocasións acusan o descenso da natalidade.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, fai causa común coas directivas dos centros ao defender as vantaxes dunha educación no medio rural, tanto para os nenos de Infantil, como para os de Primaria e Secundaria, estudos que poden cursar dependendo na franxa de idade no CRA Plurilingüe de Vilaboa, ou nos centros de Riomaior ou no Toural, único no que se imparte a ESO.

Todos eles comparten un enfoque multinivel e vivencial, que permite unha interrelación permanente entre o alumnado e unha formación baseada no respeto e o fomento da autoestima, convertendo aos alumnos no centro dun proceso educativo inclusivo e igualitario cun concepto no que os espazos exteriores son unha prolongación das aulas.

Un bo exemplo de este xeito de entender o modelo educativo é a Bibliocra de Vilaboa, que ten previsto para mañá martes a inauguración do MUV, Museo Virtual, da man da Fundación María José Jove e para o xoves día 2 un obradoiro co ilustrador Ignacio Hernández e «Cleo e Dufós»

Para César Poza o binomio vivir no rural e “Escolas Públicas de Calidade” fai da oferta educativa de Vilaboa un activo que as nosas familias son quen de ter en conta xunto coas sete aulas de Educación Infantil situadas en entornos naturais que permiten aos alumnos interactuar co medio. Nunha misiva enviada as familias o rexedor municipal convida a matricular en Vilaboa aos alumnos nados en 2020 e fai gala da calidade educativa dos centros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *