Das 11 persoas implicadas en senllos accidentes, só unha necesitou asistencia médica in situ por lesións de carácter leve.

Segundo explicaron os axentes da Garda Civil de Tráfico a través do 112 Galicia, o condutor que circulaba en sentido contrario bateu primeiro contra un vehículo e, deseguido, contra outros tres. 

O sinistro produciuse ás 19:30 horas da tarde de onte, tal e como consta nos rexistros de chamadas de emerxencia ao 112 Galicia. Efectivamente, foron varias as persoas que utilizaron este servizo para comunicar o que acontecera, e reiterar que había un condutor circulando en dirección contraria. Con esta información, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias e dos axentes de seguridade, co fin de comprobar os datos facilitados polos alertadores.

Deste xeito, confirmouse que se trataba de dous accidentes seguidos, ocasionados polo mesmo vehículo, e que, en total, había once persoas implicadas, que resultaron ilesas, agás unha que foi atendida no punto sen que fose necesaria a súa evacuación hospitalaria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *